Galicia para xente miúda

Queremos percorrer contigo e coas túas persoíñas pequenas favoritas a nosa terra, queremos amosarche as súas marabillas, a súa beleza mostrada ou agochada, queremos que volvas ser pequena e volvas ilusionarte cunha viaxe curta -ou unha longa- no teu tempo de ocio. Ven connosco!

1 de xaneiro de 2019

Parque da Alameda de Marín

Marín, vila moi preto de Pontevedra, é unha opción fantástica para dar un paseo e xogar. Ademáis da xa mencionada Finca de Briz (tamén chamada Parque dos Sentidos), Marín tén nin máis nin menos que 5 parques urbáns de diferentes tipos e encántalle a nenas e nenos de Pontevedra pola súa proximidade. Nós non somos menos. Nesta ocasión, achegámonos antes de rematar o ano, en plenas vacacións de Nadal.

Normalmente hai moito sitio onde aparcar, xa que o Concello tivo a boa idea de permitir aparcar en batería na Avenida de Ourense -entrada dende Pontevedra- polo que sempre é máis doado achegarse aos lugares de interese sen ter que camiñar moito. De tódolos xeitos, gústanos comezar o paseo rodeando o porto.


Dentro do mesmo porto, atopamos unha estrutura moi peculiar, probablemente unha grúa antiga para descarga dos barcos. Ao noso fillo pareceulle sorprendente.


Despois de rematar polo paseo, cambiamos de beirarrúa para achegarnos ao parque que se atopa ao ladiño da Alameda de Marín, con unha chea de estruturas ben conservadas e separadas unhas doutras, contando incluso cun rocódromo bastante accesible para os máis atrevidos. 





Pero o que nos levou nesta ocasión a Marín foi o parque de skate que tén unha zona moi ampla para practicar con monopatíns ou patinetes. Lugar moi frecuentado por adolescentes, está bastante ben conservado, con diferentes tipos de elementos para realizar acrobacias. E, cando está pouco concurrido, un sitio ideal para aprender, como puidemos facer.



Ningún comentario:

Publicar un comentario