Amamos Portugal. E sómoslle fieis. Porque nunca nos decepciona. E Coimbra, co fenomenal Portugal dos Pequenitos, non é unha excepción. Situado na beira oeste do río Mondego, non se atopa na cidade antiga, pero si pode chegarse andando sen problema. No caso de levar coche, tampouco hai problema para aparcar nas inmediacións. A entrada non é gratuita pero ben merece a pena. Aquí, a súa web.
É, sen lugar a dúbidas, un lugar encantado, xa que lle brinda a nenas e nenos a oportunidade de ver o mundo ao seu tamaño e na súa propia proporción. Debido á escala das reproducións, poden subir, entrar, abrir ou pechar portas e fiestras. Non falta detalle nos edificios, o que fai a delicia das nosas persoíñas favoritas.
Esta publicación será básicamente visual, xa que pouco podemos engadir ao feito de que se reproducen edificios moi coñecidos de Portugal, así como edificacións típicas dos diferentes lugares do mundo que foron -durante máis ou menos tempo- colonizados polos portugueses, grandes navegantes e conquistadores. Sirva este Portugal dos Pequenitos coma unha homenaxe aos moradores desas terras.











Ningún comentario:
Publicar un comentario