Galicia para xente miúda

Queremos percorrer contigo e coas túas persoíñas pequenas favoritas a nosa terra, queremos amosarche as súas marabillas, a súa beleza mostrada ou agochada, queremos que volvas ser pequena e volvas ilusionarte cunha viaxe curta -ou unha longa- no teu tempo de ocio. Ven connosco!

26 de outubro de 2018

Vila Nova de Cerveira, hospitalidade e elegancia

Adoramos Portugal, país emblemático pola súa hospitalidade, os exquisitos modais da súa xente, a proverbial comida de calidade e o respecto polo patrimonio, que inclúe a perfecta conservación de parques e xardíns. Dito isto, somos hóspedes habituais das súas vilas e cidades. 

Neste caso, acudimos a Vila Nova de Cerveira, pequena vila que tén moitísimo que ofrecer ás nenas e nenos, non só dende un punto de vista lúdico, sino de lecer na natureza e de cultura, sendo como é denominada Vila das Artes. 

Ademáis de estar moi preto de Galicia -so separada de nós polo río Miño-, está moi ben sinalizada debido á famosa feira que se celebra os sábados. Á entrada da vila hai un aparcadoiro xigantesco, situado na Praça do Alto Minho, a escasos 2 minutos da praza principal, a Praça da Liberdade, que alberga un magnolio centenario, mirando cara unha casa moi peculiar "A Casa Verde". Aínda que tentamos atopar información sobre ela, a única que nos deron foi que se chama así pola súa cor, nada máis. Curiosa, nembargantes. 



 Nesa mesma praza está a Igreja Matriz de Vila Nova, de inspiración barroca encalada que destaca branca e imponente contra o ceo e as montañas ao fondo.




O seu casco antigo é fantástico para pasear baixo paraugas pendurados ou adornos de crochet, como foi neste caso. A nenas e nenos encántalles observar como dunha rúa aparentemente normal pódese sacar moito partido con talento e orixinalidade.

















A cinco minutos apenas, chegamos ao miolo da nosa visita: o parque de Lazer de Castelinho, toda unha área adicada a nenas e nenos, respectuosa co entorno e moi divertida ademáis de variada:  tirolinas, estructuras de cordas e tobogáns. A sorpresa é un parque acuático gratuíto que poden disfrutar tanto adultos como a cativada. O parque tén zonas de sombra baixo as árbores e mesas para merendas. Está moi coidado e limpo, un detalle que nos depara sempre Portugal. 




Tamén temos a opción dun mini-golf (1 hora por 1 euro) ademáis da oportunidade de alugar karts individuais ou familiares para dar un paseo á beira do Miño.

E se, coma nós, queredes disfrutar do proprio Miño, o noso río máis querido e compartido con Portugal, a mesma empresa que aluga os karts ofrece por precios máis que módicos paseos en barcos silenciosos con guía turístico. Eses barcos son movidos pola enerxía solar, polo que o paseo é totalmente relaxante, co único son da propria auga. Aquí, a ligazón á empresa mencionada Ola Vida.



Tamén se poden alugar bicicletas para percorrer a chamada Ecopista do Río Minho, que non nos atrevemos a facer por escaseza de tempo, pero que deixamos para a próxima visita que sabemos non tardará moito!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario