Galicia para xente miúda

Queremos percorrer contigo e coas túas persoíñas pequenas favoritas a nosa terra, queremos amosarche as súas marabillas, a súa beleza mostrada ou agochada, queremos que volvas ser pequena e volvas ilusionarte cunha viaxe curta -ou unha longa- no teu tempo de ocio. Ven connosco!

26 de outubro de 2018

Mondariz. Moito máis que un balneario.

Mondariz é coñecido polo seu fermoso balneario. Pero dispón a uns 800 metros dun paseo perfecto á beira do río Tea.

Contan que, dende o proprio balneario, logo de tomar as augas na Fonte da Gándara -unha magnífica estructura monumental digna dun palacio das augas- camiñaban disfrutando da beleza de castiñeiros, faias e bidueiros ata chegar á Fonte de Troncoso. 

Aínda que está pobremente conservada, garda moito da súa beleza e é un lugar fantástico polas súas escaleiras enroscadas e os seus pasillos por onde correr sen medo a mancarse. Tamén se pode beber dela, aínda que iso depende do gusto que unha atope nas augas sulfurosas.




Moi pretiño da fonte hai sitio onde deixar o coche e xa pode comezar a aventura.  Imaxinade unha extensión coidada e chan para voar coa bicicleta ou co patinete. Imaxinade os chíos dos paxaros e o son adormecedor das follas das árbores, movidas polo vento. Imaxinade o rebulir dos patos no proprio río Tea. E fontes, de cando en vez. E unha baranda de pedra onde descansar. Imaxinade construcións abandonadas polos homes e polo tempo. 




















E, ao final do paseo, un modesto parque infantil aínda que ideal para tomar a merenda entre xogo e xogo. 

Aquí vos deixo a situación exacta do parque do Paseo de Troncoso

Ningún comentario:

Publicar un comentario